Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Demasiados políticos

martes, 24 de julio de 2012
Joaquín Sabina, na súa canción “Pacto entre caballeros” fala da policía que agardaba a un delincuente, e para expresar sin decir número falaba de “Mucha, mucha policía...”.

Pois agora, sen precisar número moitos comentaristas, medios informativos, politólogos e economistas falan de que temos moitos políticos, demasiados políticos, e un dos últimos en confirmalos ten sido precisamente o Presidente do Congreso dos Deputados”, Jesús Posada, referindose ao conxunto das administracións, e entendendo que é inevitable a reducción do tamaño do sector público, tanto en gasto como en número de efectivos.

En momentos coma este de crise, no que xa se sabe
non é bo facer demasiada mudanza, tocoulle aos políticos situarse como cabezas de turco dunha situación non só a eles imputable pero dos que se esperaba que tiveran solución para os males que nos aqueixan, comprobándose que uns e outros, quizais por falta de especialización que non de preparación, non teñen a menor idea do que hai que facer para saír deste tremento embrollo no que nos metemos con total alegría e imprevisión.

Si que parece que son demasiados políticos cando se nos di que temos un por cada cen habitantes, que non pasaría nada se non supuxeran un gasto desorbitado para o noso entramado social. E case todas as protestas diante de reduccións e recortes provocan respostas contundentes contra a clase política, sinalándolle que por ela mesma hai que comezar de xeito drástico.

E o máis dramático é que poden ser demasiados, pero tampouco o tamaño importa tanto nunha situación coma esta, senón a efectividade que se deriva do traballo pero tamén da formación. Porque non é que haxa demasiados políticos, senón que do que se trata é de que están moitos deles pouco preparados para unha tarefa de altísima responsabilidade, para a que só se lles esixe o “Visto e prace” dos cargos do seu partido, pola que reciben compensacións en nada comparables aos soldos das actividades privadas, e que normalmente non responden dos erros cometidos, como se non fora con eles.

Non hai demasiados políticos. Hai políticos e políticos. O malo é que aos votantes non nos deixan discriminar, que entón entre todos solucionábamos o problema.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES