Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mestre Mateo

lunes, 14 de marzo de 2005
A Séptima Arte, que por ser a máis moderna debe se-la máis dinámica e atractiva, anda de festa.

Os Oscar, a escala mundial; os Goya, para España, e agora o Mestre Mateo, pretende ser outras tantas ocasións para potenciar o cine e ós que a él se adican, entregando cadansúa estatuíña ós premiados nas diversas seccións nas que se divide a arte da fotografía en movemento.

Primeiro foron os Oscar, para lucimento (e engrandecemento) da factoría de soños dos EE.UU. de Norteamérica, que se convertiu -despois da 2ª Gran Guerra- no maior e mellor elemento da propaganda norteamericana na Europa occidental, co conseguinte beneficio económico, aparte do conseguinte "sometemento" ós ideais, ós xeitos de vivir, do sempre discutible e discutido modelo americano.

Oscar: parafernalia. Catro ou cinco seleccionados por apartado e "The winner is...", sube un só a recoller o premio.

Logo viñeron os Goya. Absolutamente calcado (máis cutre) nos Oscar.

Mesmos apartados, mesmo sistema, mesmos presentadores, mesmas actuacións, máis pequeno resultado.

E, en Galicia, agora, os "Mestre Mateo", organizados pola Academia Galega do Audiovisual.

Cabería esperar un modelo diferente, xenuino, para demostrar que podemos facer as cousas sen mirar para os demáis. Pero as mesmas nominacións, os mesmos mecanismos, e o público "a velas vir".

En fin, que cando o sistema baixe outro escalón, na Coruña concederánse os "María Pita", en Lugo os "Froiláns", en Ourense os "Burgas" e en Pontevedra os "Mareantes".

E todo seguirá o mesmo porque Tío Oscar, polo que se ve, esgotou o modelo. ¡Unha pena!
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

O nudo das caixas: O das caixas en Galicia, que se pretende xuntar, forma un nudo gordiano que ...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información