Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Palabra de Draghi

lunes, 10 de septiembre de 2012
É incrible o que poden facer as declaracións dun alto funcionario no exercizo da súa función nesta aldea global que se fai posible por obra e gracia dunha Rede que engloba o mundo, ademais dos xa tradicionais medios de comunicación social: prensa, radio, televisión... que cada vez se interrelacionan máis para convertirnos en receptores ao segundo das novidades que se producen en calquera lugar do mundo.

Pero xa non se trata de que unhas palabras dun político nos deixen impactados pola súa orixinalidade ou transcendencia. Neste caso, as palabras da que se supón máxima autoridade monetaria de Europa fan tremer as columnas que sosteñen a nosa sociedade, todas elas relacionadas dun ou doutro xeito coa economía irreal. Considerando real a que manexamos a cotío traballando, investindo, e que coidamos non debera ter nada que ver coa especulación, a actividade bancaria e a economía sobre o papel dos grandes financeiros que nos asoballan.

Fala Draghi e provoca que suba a bolsa e baixe a prima de risco, e os intereses da débeda. Ou o contrario, segundo sexa a mensaxe que queira expresar en cada momento.

A última das súas afirmacións de compra de débeda de paises en problemas, provocou un favorable terremoto, que se confirmou posteriormente polo tsunami Merkel, que permite que a terra siga xirando e o noso mundo non se derrumbe polo de agora.

Non sería nada extraño que nos círculos económicos se rezase con unción: Palabra de Draghi, ¡loubámoste Señor!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES