Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Én Dozón

miércoles, 12 de septiembre de 2012
Un alcalde veterano – máis de dúas décadas- que gaña as eleccións por maioría absoluta ven de dar un golpe de efecto ao anunciar que cada un do medio cento de nenos que existente no concello recibirán do seu peculio particular cen euros para a adquisición de libros e outros gastos de comezo de curso.

Non estamos afeitos a decisións deste tipo e soa extraño unha doazón coma esta xa que de ordinario os concellos teñen establecido axudas regulamentadas para que as familias con problemas económicos poidan afrontar este gasto extraordinario.

Pero que non esteamos afeitos non quere dicir que vexamos mal aportacións coma esta que os veciños son moi libres ou non de aceptar, e que teñen como único requisito que o neno estea censado no concello de Dozón e matriculado no colexio Pio Cabanillas.

Estamos afeitos, eso sí, a que os políticos estean na política polos beneficios que a política proporciona, tanto sociais como económicos, e especialmente neste último aspecto. Por eso un xesto desprendido coma o de Dozón – oportunismos electorais á parte- ten que caer ben entre o vecindario de alcalde tan rumboso.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES