Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A que nivel chegamos

lunes, 03 de diciembre de 2012
Unha asociación de comerciantes dun pobo da costa galega sortea un posto de traballo. Dito así pode ser discutible ou non, pero parece tan aceptable como que regalen unha cesta de Nadal, ben entendendo que se o agasallado consigue un emprego, algún resultado práctico se consegue.

O sorteo hase facer entre os que efectúen unha compra de alomenos oito euros nun dos establecementos membro da asociación, podendo o premiago optar polo posto de traballo ou – no caso de ter xa un traballo – cederllo a alguén, ou percibir 3.000 € en metálico dunha soa vez.

Explican logo que o posto de traballo é por seis meses, e que o importe bruto a percibir polo traballo desempeñado é de 450 euros ao mes, arredor de douscentos euros menos ca o salario mínimo interprofesional.

Esa é a realidade na que nos desenvolvemos, ese é o nivel, comparable co importe de moitas pensións, que fan que os seus beneficiarios –se poden chamarse así- consigan o milagro da multiplicación do pan e os peixes e outros productos de primeira necesidade para conseguir subsistir con importes coma este.

Así estamos. A ese nivel chegamos. Non hai moito que nos parecía que ser “mileurista” era o mínimo ó que cada un de nós podía aspirar, e agora descubrimos que ese tope ou esa base está xa reducida á metade. Sen que se aprecie polo de agora límite ou barreira onde situar un punto de retorno.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES