Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Materia de fe

viernes, 29 de abril de 2005
Despois da visita do Presidente Zapatero a Galicia, o Plan especial para esta terra segue a ser materia de fe, no que os galegos estamos dispostos a crer en canto nos dean o máis mínimo motivo.

Galicia viuse afectada material e moralmente, ecolóxica e psicolóxicamente pola catástrofe do Prestige e o goberno de entón sacouse da manga un instrumento excepcional e poderoso ó que chamou "Plan Galicia", e que á oposición de entón - Goberno de hoxe - lle pareceu escasa e inconsistente.

Cambiado o Goberno, entendimos que non só aquel Plan Galicia se mantería senón que se reforzaría. Máis aínda: que se revolucionaría ata o delirio.

Hoxe, conformámonos con aquel Plan Galicia. E agardábase do Presidente do Goberno que na súa primeira visita electoral a Galicia fixese algunha proclama ó respecto. Non foi así.

Nós, os galegos, somos máis modestos. E el ben o sabe. Nos, non facemos como os vascos de Ibarretxe que se sacan da manga un proxecto revolucionario para sustituir o actual Estatuto de Autonomía.

Nós, os galegos, non facemos como os cataláns que pretenden recaudar os seus impostos e darlle o cincuenta por cento ó Estado.

Nós, os galegos, por agora, conformámonos co Plan Galicia.

O malo é precisamente eso: Que nos conformamos. E ó conformarnos, nin eso nos dan. Nin as migallas do Plan Galicia nos ofrecen.

Nin siquiera nos piden que teñamos fe. É materia de fe, pero non se nos pide comulgar con ese credo.

Non se nos pide nada. Non se nos ofrece nada. E nós, aínda seguimos a agardar polo Plan Galicia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES