2012... E seguimos
martes, 18 de diciembre de 2012
Non pasou nada reseñable a escala cósmica o 12 do 12 de 2012, e estamos seguros que tampouco pasará o vinteun deste mesmo mes, desmentindo, aplazando ou pasando por alto os cálculos que se teñen feito en relación co calendario da civilización dos Mayas, que prevía un posible fin dos tempos para estas datas que vivimos.
A fin dos tempos non será agora, e cada un vivirá unha particular axeitada ao seu calendario vital, e teremos que seguir individual e colectivamente na loita pola existencia nos tempos difíciles que visto está son chegados, quedando á vista da situación como única e grave incógnita en cando situar o final da crise, tan difícil de calibrar como o mesmo remate do mundo que habitamos.
Xa ninguén ousa afirmar que no 2013 podemos comezar a ver a luz deste mouro tunel social que recorremos. Os máis optimistas fíanse do 2014 como ano benigno para comezar a recuperar niveis xa esquecidos, e mesmo o Fondo Monetario Internacional estima que nese ano sairemos da recesión O Presidente da Xunta de Galicia, no seu discurso programático, vislumbraba a primeira recuperación para o 2015, recomendando cautela de todas maneiras. Os que coidan entender de que vai esto da economía falan de 2020, e os agoreiros prognostican que tardaremos medio século en volver se é que volvemos ás alegrías e euforias de antes deste maligno estoupido crítico.
Levamos preto dun quinquenio de loita denodada contra a crise, a desilusión e o pesimismo. Que o mundo non remate con este ano non significa nin un respiro, se acaso a seguridade de que a vida segue e temos que continuar loitando.
Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora