Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Diputados Conselleiros

jueves, 05 de mayo de 2005
Por fin xa se coñecen as listas dos aspirantes a ocupar os postos de parlamentarios galegos nos comicios do dezanove de xuño. Por fin se confirman ou desminten as mil e unha previsións efectuadas por analistas, interesados ou curiosos que están á que salta para lograr desentrañar os por que da inclusión ou exclusión de determinado aspirante na lista definitiva de acceso ás glorias da política autonómica.

Moitos son os aspirantes e poucos os postos, a priori. E a inclusión ven ser un triunfo da constancia, das amizades, da influencia ou da traxectoria a ollos de quen leve o timón de cada grupo político, que pode haber toda a democracia interna que se queira que como quen controla non queira a exclusión é segura.

Algúns analistas interesados quixeron ver na inclusión nas listas de ata nove conselleiros do equipo gobernante como unha mostra de pretender "amarrar" postos para o futuro, e a falta de cinco deles como o remate dunha carreira política.

Eso permite que nos paremos a pensar na necesidade, e aínda na conveniencia ou non, de que os conselleiros sexan deputados, e viceversa.

O cargo de deputado do Parlamento de Galicia -aínda que os haxa que non se lles escoitou a voz en toda a lexislatura- é de importancia abonda, de responsabilidade manifesta, como para esixir unha adicación exclusiva, alomenos no campo da política.

O cargo de Conselleiro, gobernante dunha das grandes ramas nas que se divide a cada vez máis grande incidencia da Xunta na vida galega, require especialización, adicación e traballo, ó que tamén se debe asignar unha especial e plena adicación.

Naturalmente que poden simultanearse os dous cargos, como hai moitos exemplos, algúns ostensiblemente meritorios. Pero a separación entrambos daría máis xogo político e posibilitaría unha mellor acción.

Que cinco conselleiros non vaian nas listas non pode significar que se corta en seco a súa posible carreira política. Do mesmo xeito que, se gaña o PP por maioría absoluta, os nove que van nas listas non teñen garantida a permanencia no goberno.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES