Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Escola de aprendizaxe

lunes, 21 de enero de 2013
Escola de aprendizaxe Por moitas razóns, o Alumnado da Uned Senor de Xestoso, sabe que a vida é unha escola de aprendizaxe, e tamén sabe que para aprender hai que andar e ler.

Esto foi o que fixemos nestes días pasados, trasladándonos desde o Atlántico ata o Mediterraneo, para visitar a costa do AZAHAR e máis a costa DOURADA.

Nunha viaxe deste calibre hai tempo para moitas cousas: unhas teñen lugar de portas adentro e outras de portas a fóra.

No tocante ás de portas adentro habería moito que contar sobre a equipaxe interna que levabamos cada un dos alumnos viaxeiros.
Independentemente deso hai que destacar que existe unha cohesión moi importante no grupo, co que eso leva consigo: bo humor, comunicación, confianza e unha serie de factores que fan sentir moi cómodos ós integrantes do mesmo.

Serían innumerables as anécdotas a contar que poderían encher moitas páxinas; pero nin é do caso, nin hai palabras axeitadas para reflexar as vivencias que cadaquén sentiu.

Por estas e outras razóns, para saber o que se sente e como se vive, o mellor é poder asistir e experimentar esas vivencias en carne propia.

Todos estiramos a alma, todos deixamos os problemas na casa e todos disfrutamos a tope das 96 horas que compartimos. Tanto é así que, quen máis e quen menos, xa está esperando poder compartir outras tantas en canto as posibilidades o permitan.

De portas a fóra, houbo moita vareidade:
Saímos da casa con varias horas de noite chuviosa e relativamente fresquiña para estas datas do ano. Como bos galegos fomos ben equipados con roupa de abrigo, gabardinas e paraugas. Os servicios meteorolóxicos pintábannos un mapa un tanto incerto.

No porto de Pedrafita do Cebreiro vimos a paisaxe vestida de noiva: pura, branca e tamén radiante porque o astro rei dáballe biquiños moi agarimosos nas meixelas que dan ó raiante. Gustounos ve-la neve, pero non nos asustou porque a autovía estaba perfectamente limpa e perfumada coma unha bebé recién saída do baño.

Á altura da cidade que aspira a ser capital da quinta provincia galega, o sol iluminaba os viñedos e as bodegas gardaban sielencio para non despertar as cepas que escondían a vida debaixo da terra esperando a chegada da primavera, porque aló ó lonxe as montañas do Val do Silencio agachaban o seu nariz pelado debaixo dun gorriño branco

Case sen dármonos conta xa superáramos o porto do Manzanal e a Maragatería xa nos anunciaba que estábamos na Meseta. Ante os nosos ollos a nai terriña abrigaba caladiñamente os graus de trigo que os labregos castelán-leoneses sementaron recientemente para que non nos falten os hidratos de carbono para todo o ano.

Un pouquiño máis adiante a muller morta descansaba no leito do Guadarrama tapada cun manto branco na súa cara norte. Nós pasamos por debaixo caladiñamente e, un pouco máis adiante xa nos saudaban ó lonxe as Torres Kío que anunciaban a Porta de Europa na capital de España.

Escola de aprendizaxePara non molestalas, saímos da A-6, demos unha voltiña por un cinturón de ronda e xa nos introducimos na A-3 que nos levaría cara ó noso destino. Enseguida nos adentramos en Castilla La Mancha saudando desde lonxe a Cidade Encantada de Cuenca e pasar disfrutar da beleza das “Hoces do Cabriel” que nos anunciarían que estabamos chegando á Costa do Azahar.

Entramos na Cidade de Vacaciones de MARINAD´OR onde nos agardaban no hotel do mesmo nome. Ali nos hospedamos comodamente porque as instalaciós estaban moi ben e ademais, eramos practicamente os únicos hóspedes. Sentímonos moi afortunados por ter á nosa disposición un luxoso hotel de catro estrelas.

Ó abrir o día seguinte, xa tiñamos ante os nosos ollos toda a que eles chaman “Ciudad de Vacaciones Marinador”.
Acordámonos de que se vivira o noso Camilo José Cela, tería alí material suficiente para escribir outra “Colmena”, pero esta elevada á enésima portencia.

Aquela enorme chaira que a naturaza creou cando aquela montaña se doblou para bicar ó mar, e para uso e disfrute dos lugareños, hoxe está convertida nunha enorme mole de formigón cargada de fantasías que pretende ofrecer ó visitante moito máis do que hai.

Por non haber, non hai espazo material para albergar con dignidade a tantas persoas que pasarán todo un ano aforrando para ter unhas merecidas vacacións e, en boa medida, veranse atrapados como formigas naquelas “torres de babel” destes tempos.

Se noutros tempos caeu a Torre de Bebel pola soberbia dos homes, nun futuro non moi lonxano, aínda que nós non cheguemos a velo; tamén caerá Marinador pola avaricia dun cuantos.
É probable que caia cando eses pucos estean ben forrados e despois dirán: “A nós que nos quiten o bailado”
Pero o dano medio-ambiental está servido e recuperalo vai ter un prezo.

Ó longo da historia pasaron por estas terras diferentes xentes: fenicios, gregos, cartaxineses, árabes… Todos intentarían sacar tanto proveito como poideron, pero respertaron a naturaza e deixáronnos restos arqueolóxcos e tamén un bocado de terra para nós.

Pero… se destruímos o medio ambiente, se destruimos a nosa nai terra ¿Onde poñerán os pés os que veñan?

Como alí non encontramos unha alma con quen falar, dirixímonos a outros lugares como:

SAGUNTO:
De camiño, aproveitamos para recrea-la vista ns plantacións laranxeiras da “Comarca del CAMP”, que mostraban orgullosas os seus doces froitos que nós soubemos aproveitar porque encontramos un posto ambulante de excelentes laranxas ó pé da estrada.

Por esta cidade pasaron os íberos que incluso acuñaron moeda, os romanos que nos deixaron o teatro, os árabes deixaron mesquitas… etc.
Foi unha cidade arrasada en diferentes ocacións, especialmente no ano 219 antes de Cristo cando Aníbal fixo das súas, pero os saguntinos presentaron resistencia heroica e cando foi reconquistada polo CID CAMPEADOR tomou outro rumbo.
E coa chegada do Século XX, Sagunto recuperou forzas coa industria siderúxica.
Hoxe en día preséntase como unha cidade con vida.

BENICASIN:
É unha cidade de orixe moi antiga, na que se atopan 204 covas, destacando as de CANTALAR e a COVA DE QUERALT nas que se poden ver restos prehistóricos.

O seu nome débese ó castelo de BENI QÁSIM, que significa: fillo de Qasin. Por este castelo e por esta vila, pasaron diferentes linaxes valencianas ata que a cidade foi recuperada para o Cristianismo polo Cid Campeador e o rei Jaime I de Aragón.


PENÍSCOLA:
Berce de personases importantes como o REI LOBO ( MOHAMED BEN SAN ABEN MARDANI) que estabeceu alí a corte, pero en 1251 foi recuperada para o Cristianismo polo rei de Aragón Jaime I.
Co Cisma de Occidente, estabeceuse no seu castelo, pazo e fortaeza: PEDRO MARTÍNEZ DE LUNA, o PAPA LUNA que pasou alí unha longa vida ata os 95 anos, pero o seu sucesor Clemente VII renunciou; e coa GUERRA DE SUCESIÓN, en tempos de FELIPE V, Peñíscola pasou a ser MOI NOBLE, LEAL E FIDELÍSIMA CIADADE.
Alí rodáronse dúas peliculas:
CALABRUCH de Berlanga en 1956 e EL CID de Antony Mann.
En 1900 tiña arredor de 1000 habitantes hoxe 8000 en temporada baixa. En temporada alta non chega a saberse cantas almas pasan por alí para disfrutar dos sol e da praia.

De ser un pobo pescador e agrícola que cultivaba en bancais: aceite e viño, hoxe é eminentemente turístico. Onde os “pageses” plantaban, hoxe está todo o monte poblado de casas de segunda residencia cunha vista impresionantes do casco antigo, do Castelo, e máis das augas cristalinas e dóces do Mare Nostrun.

DELTA DEL EBRE:
A parte das plantacións de laranxeiras, viñas e oliveiras da Costa do Azahar, tamén merece unha mención especial a Costa Dourada cos arrozais de Delta do Ebro declarados Parque Natural en 1983.

Este delta ocupa o terceiro lugar en producción de arroz de toda España, despois de Andalucía e Estremadura.

Ten unha extensión de 320 km cadrados e a frecha do delta introdúcese 22 Km no mar. Tamén ocupa o terceiro lugar despois dos deltas do Nilo e do Ródano.

Nel encóntranse as Illas de Buda e de San Antonio con varias lagoas interiores.

Na desemboadura do Ebro mistúranse as augas dóces na parte superior coas salgadas a partir dos dous metros de profundidade, polo que os peixes de río conviven cos do mar. Tamén hai variedade de aves nadando e pescando nas súas augas. E sendo unha zona húmida e calurosa, no verán abundan os mosquitos.

A Uned Senior tivo ocasión de facer un pequeno cruceiro por esta zona para disfrutar da paixaxe e das sabias explicacións do patrón da embarcación “Reina del Ebre”.

Pero esta zona tamén está sufrindo os efectos negativos dos trasvases e das presas de Mequinenza, Ribarroja de Ebro, Flix e outras de tal xeito que a erosión mariña é maior que a sedimetación, os peixe mariños introdúcense no río e a contaminación das súas augas teñen efectos contraindicados para o equilibrio ecolóxico da zona.
Con todo, a nós gustounos moito.

Estes catro lugares foron o obxectivo da nosa viaxe, pero tamén temos que sinalar que nos encontramos moi cómodos e ben atendidos no hotel. Había buffet libre e tiñamos a horta mediterránea ó noso alcance. As habitacións estaban moi ben equipadas e o personal á altura das circunstancias.

Para coroar a nosa estancia disfrutamos de dous animadores noviños que facían todo o posible por favorecer a nosa psicomotricidade ó tempo que nos divertían e melloraban a comunicación interpersoal.

Como diciamos ó principio, esta viaxe foi un capítulo máis desta escola de aprendizaxe na que estamos aprendendo nesta etapa da vida.

Queremos mostrar o noso agradecemento á Uned Senior de Xestoso e máis ó Coordinador que é o pai desta criatura tan orixinal.

Graciñas a todos os que facemos posible que esto funcione do xeito que está funcionado.

Somos un referente e un bo exemplo.

¡CASE NADA!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES