Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Talón de Aquiles

lunes, 04 de febrero de 2013
É quizais o elemento máis coñecido da mitoloxía grega: O heroe Aquiles foi mergullado nunha auga salvífica de maneira que o seu corpo sería inmorrente se non fose porque lle quedou unha parte feble ,
precisamente o talón por onde era sostido na cerimonia salvadora.

O talón de Aquiles é na nosa sociedade o símbolo perfecto da parte feble, floxa, de calquera organización, institución ou organismo.

O talón de Aquiles das organizacións políticas, como quizais de calquera organización, é a persoa responsable dos temas económicos, que é a que mellor coñece as interioridades da organización, as correntes polas que flúe a vida económica ás arcas da institución, as represas que conteñen os caudais que se vaian atesourando e as canles polas que se da saída a esa forza que nutre a vida da comunidade política e de todos os que dela dependen.

Seguro que teñen que facer xogos malabares como toda persoa que se encargue de administrar caudais sempre escasos nunha familia ou comunidade. E do seu comportamento, da ecuanimidade e honradez do exercizo da súa función, da administración dos seus silencios e das súas palabras, pode depender directamente o futuro do colectivo, dun país.

Eso, tanto se Aquiles é honrado como se non o é; tanto se Aquiles se axusta á norma como se non se axusta; sempre a institución dependerá de que Aquiles teña ou non un talón desprotexido.

Desde agora, os partidos e todo tipo de organización deberán vixiar moi ben a quen encargan esta difícil función administradora. Porque o administrador pode ter a tentación de suscribir un seguro de vida para esgrimir se veñen mal dadas. Será moi difícil atopar persoas que non teñan un talón sen protexer, pero seguro que desde agora os cargos económicos van estar máis controlados. Que, polo que se ve, boa falla fai.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES