Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Ibi da Igrexa

lunes, 18 de febrero de 2013
O concelleiro Jorquera, do BNG vilalbés, planteou a semana pasada un tema de actualidade económica e social, que non se puido votar no pleno municipal porque xa non era tempo de abordar temas coma este.

Trátase do Imposto de Bens Inmobles da Igrexa Católica, que se está a tratar en diversos concellos de Galicia, e sobre o que os diversos grupos políticos se teñen pronunciado de xeito un tanto tímido por ser difícil abordar un problema coma este.

O imposto de Bens Inmobles afecta en xeral a todos os que posúen un ben que se utiliza para uso propio, para a producción de riqueza ou para disfrute. Entendéndose que hai determinada excepcións que ata agora viñeron afectando á Igrexa Católica.

Chama ás veces a atención que paguen Ibi determinadas instalacións como os grandes hospitais... que un pensaba debían estar exentos por prestar un servicio básico para a comunidade, pero claro o Ibi é un imposto que perciben os concellos e eses edificios e funcións corresponden á Autonomía, sendo un xeito de contribuir ao funcionamento e dotación aos concellos que todos os edificios contribúan á súa financiación.

Pero a Igrexa Católica ven sendo punto e aparte. Dunha banda, pola tradición e pola historia, que a fan consustancial coa existencia de Galicia coma pobo, e por moito laicismo que impere a Igrexa segue sendo a Igrexa, e ten un papel espiritual e social acreditado. Por outro, non se pode esquecer o labor social, educativo, asistencial, da Igrexa Católica á parte do seu traballo de apostolado e de atención espiritual.

Cabe supor que outras igrexas teñen tamén determinadas franquicias e se non as teñen é porque o seu arraigo popular nada ten que ver co da Igrexa Católica. Pero o que ninguén dudará é que os lugares de culto deben estar exentos do pago de calquera imposto. Como o estarán as instalacións asistenciais, sexa Cáritas ou calquera outra axencia de servicio público.

As dúbidas poden plantearse en relación cos colexios relixiosos, xa que non faltará quen os considere un negocio aínda que o interese da igrexa no tema está moito máis na formación que na rendibilidade material.

Si poden pagar o Ibi bens como os iglesarios rurais, froito de doazóns recibidas no decurso dos tempos, que serviron para o mantemento do clero no material, e que na actualidade pásalles o mesmo ca as propiedades privadas, que están abandoadas porque a xente escapa do rural.

Seguro que o debate vai ser apaixoante cando se fale do Ibi da Igrexa, como o é en calquera outro concello no que se plantee. Aínda que parece que en calquera lugar está claro que as confesións relixiosas non paguen polos edificios destinados ao culto e as obras asistenciais, e que o resto das propiedades – que poden considerarse de índole privada- sufran os mesmos cargos que os das propiedades privadas. Todo se amaña dialogando. E con sentidiño.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES