Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manter o tipo

lunes, 20 de junio de 2005
O resultado das eleccións do pasado domingo, como sempre, contentou a todos. Se chamamos "todos" ás tres primeiras forzas políticas, xa con representación parlamentaria, porque do resto dos partidos ou agrupacións participantes nada se soubo.

Poucos apostaban a priori por un resultado como o obtido, que adía a resolución ata dentro dunha semana cando se coñeza o resultado do voto da emigración que pode dar un escano na provincia de Pontevedra ó Psoe ou ó PP, e con el a gobernación de Galicia.

Pode o PP estar satisfeito do resultado obtido, colocándose á porta mesmo da súa quinta maioría absoluta. Están satisfeitos Psoe e Bng, facendo contas conxuntas, porque teñen mesmo na man a gobernación tan ansiada deste país que sempre lles resultou esquivo.

Todos mantiveron o tipo na noite do domingo. Porque todos tiñan motivos para mantelo. Un pouco, tamén, porque todos facían de tripas corazón para tentar contaxiar ás súas parroquias do entusiasmo que produce ter a sorte da súa parte.

Superada a fase de campaña e elección, debera ser este momento para o repouso e o respiro con tranquilidade. Pero non, porque segue en tensión a clase política ata o momento en que se clarifique definitivamente o resultado; o momento no que nos veña de América -como tantas veces- solución ó dilema que temos planteado.

En tanto, manteñan o tipo todos, que todos en principio gañaron. Aínda que uns por contar con outros. E todos eles á espera do que decidan os votos que veñen do alén.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Poder roubar: Nestes dous mundos nos que se divide a nosa sociedade – o oficial e o real-...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania
Ourente Cultural