Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Declaracións de amor

miércoles, 29 de junio de 2005
Estamos nos prolegómenos dunha gran amizade.

Durante a recente campaña electoral, houbo algunha que outra escaramuza entre os que se prevía podían ser alternativa de goberno. Levaron unha campaña de guante branco, pero para gardar as formas, de cando en vez soltábanse unha alusión, unha mención inofensiva, mantendo as distancias.

Superado o rubicón das eleccións, estamos no momento máis doce no que o xogo de palabras é como unha brisa de primavera, con promesas de amor eterno, desinterese absoluto sen pedir nada a cambio, pero proclamando -Quintana dixit- que Galicia lle vai sair cara ó goberno central porque este é o momento da "débeda histórica".

Como este é un idioma que entendemos moi ben, que Galicia sexa beneficiada é o anceio de todos, e ahí terá o novo goberno total apoio popular.

Ogallá que -polo ben de Galicia- o novo goberno funcione. Que non ocorra como en Vigo, que se tiraron os trastos á cabeza en plena lúa de mel.

Ou en Lugo, que se a unión funcionou perfectamente, os electores quixeron máis a un ca ó outro, resultando o BNG fondamente perxudicado.

Ogallá que das declaracións cheguemos ás realidades, e teñamos unha parella de feito equilibrada e estable.

E se, por riba, se consegue para Galicia cobrar débedas atrasadas, trato de goberno amigo e coexistencia pacífica, todos contentos.

No momento das declaracións de amor todos ofrecemos a nosa mellor imaxe. Que a imaxe perdure e o amor lles dure catro anos, é xusto e necesario.

E -como en todo casoiro- vaia para eles o desexo de que sexan felices, e todos comamos perdices.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Poder roubar: Nestes dous mundos nos que se divide a nosa sociedade – o oficial e o real-...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania
Ourente Cultural