Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rematar a A8

viernes, 10 de mayo de 2013
Neste tempo de penurias onde nin buscándoa se atopa unha boa noticia, tivo que vir unha ministra a Ribadeo para confirmar que o norte de Galicia vai ver rematada este mesmo ano a esperada A8 que ten en Galicia dous tramos sen rematar.

Cando unha obra deste calado se pon en marcha por tramos, os usuarios albiscan as posibilidades futuras pero os tramos sen rematar vólveno á dura realidade, especialmente se os que faltan por entrar en funcionamento corresponden aos tramos máis difíciles e onde a circulación se fai especialmente problemática.

Ana Pastor, ministra de Fomento, confirmou o seu compromiso coa Autovía do Cantábrico, prometendo que estaría rematada antes de fin de ano entrando en funcionamento os dous problemáticos tramos pendentes.

Queremos crer nas promesas, nun tempo no que nin promesas escoitamos. Que se rematen as obras da Autovía A8 será unha noticia excelente, que agardamos poder celebrar antes de que este ano remate.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES