Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sobre as pensións

lunes, 10 de junio de 2013
Pronunciouse o comité de sabios que estudiou o tema das pensións, e polas informacións ata o de agora recibidas parece responder á perfección a quen lle planteou o tema, dando unha resposta axeitada aos plantexamentos do goberno.

En principio, para que o comité fose de verdadeiros expertos, falando de pensións, debería contar cuns cantos pensionistas ou persoas a punto de selo para que puidesen plantear o problema no seu xusto termo, e non pensionistas dos máis altos senón dos que teñen problemas para chegar a fin de mes.

Concluir que as pensións teñen que relacionarse coas posibilidades da institución, coa boa marcha da economía, e estean condicionadas pola maior expectativa de vida das nosas xentes non parece ter costado demasiado esforzo aos ilustres pensadores, e evidencia a contemplación do tema desde a superioridade das cátedras, dos consellos de administración e das direccións xerais.

Quen goberna o tema das pensións, que é unha parte da gobernación do Estado, tivo máis de medio século para plantear a lonxevidade da poboación, o importe das cotizacións e o equilibrio económico do sistema. Se o calcularon, saeulles mal. Se non o calcularon, non merecemos as mans que manexan o sistema.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES