Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xirarmos nús

miércoles, 19 de junio de 2013
O pasado 15 de Abril do presente ano, o poeta Fiz Vergara Vilariño faría 60 anos. Mais fóisenos prematuramente despois de cantar como ninguén as ilusións dos amores non tidos mesturados na fondura da paisaxe do val de Louzara, no concello de Samos (Lugo), o berce da súa vida e a fonte da súa inspiración. Hoxe visitar Lóuzara é transitar por cada poema de Fiz, algo que é sinxelo ao recorrer a ruta que acertadamente se ten feito para pór os seus poemas na paisaxe louzariña que lles é propia. Fiz é o canto da sexualidade vivida na conciencia máis fonda de ser home e ter desexos de amor.

Eran outros tempos, e hoxe toca seguir loitando e avanzando cara a naturalización da discapacidade para a súa plena normalización, só así poderemos mudar o termo “discapacidade” polo de “diversidade funcional”.

Nestes días estiven revisando a boa labor que a través do Facebook está facendo a páxina de Marta Pérez “Mujer+Discapacidad”, á que lle recomendo dende aquí subscribirse a todo lector que se atreva a ”ver” e non só a “mirar”, xa que se MIRA moito e son moi poucas as persoas que se atreven a VER máis alá da discapacidade; converténdoa unha vez máis en minusvalía, que recordemos que é un concepto social baseado no suposto de que “somos menos”. Non vou repetir aquí toda a teoría do ilímite, que desmonta este e outros supostos ancorados na compaixón e incluso no morbo, barreiras á naturalización da vida que vimos defendendo, pero insisto que me preocupan máis os bordos das conciencias que os das beirarrúas...

Se entramos na páxina citada con actitude de “ver” e non de ”mirar”, poderemos ser testemuñas de como se derruban ante os nosos ollos castelos de naipes tecidos no absurdo das mitoloxías para dar paso á beleza; á beleza en estado puro, á que racha coas barreiras do prexuízo para sementar igualdade en cada esquina da vida. “Mujer+Discapacidad” non colga nunca imaxes baleiras, detrás de cada unha delas hai historias de vida tan reais como dignas de ser escoitadas. Paralelamente a estas imaxes xorden preguntas, dúbidas, comentarios, ideas que fan pensar compartindo sentimentos e emocións con todos os subscritores desta páxina que ten como finalidade “luchar contra la doble discriminación de ser mujer y tener discapacidad”.

Certo día a amiga Mariluz López Díaz, loitadora e activista polos dereitos das persoas con diversidade funcional, contoume que no transcurso dunha conferencia unha persoa levantou a man e dixo ”mire usted, yo la silla la llevo en el culo, no en la cabeza”. A cadeira no cu supón unha axuda para a nosa mobilidade, pero na cabeza supón un lastre vital que nos invita á cadea velenosa do “ser menos”.

Polo tanto hai que felicitar a Marta Pérez pola creación desta páxina que racha as costuras da estupidez para tecer un mundo de todos e para todos, no que goberna o sentimento e a emoción, no que nos atrevamos a indagar no descoñecido, e no que a mitoloxía caerá polo seu propio peso para que a naturalización nos ensine dunha vez por todas que os seres humanos somos o que levamos dentro; e diso nunca poderá falar ese aspecto físico polo que a miúdo se nos xulga.

Como di o meu compañeiro Manolo Vilariño: “A min gústanme as cabezas, as conciencias e os corazóns, non os corpos”.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES