Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Funcionarios

miércoles, 18 de septiembre de 2013
O nome parece encaixar en todos os que realizan determinada “función”, pero na práctica asígnase aos que prestan servizos na función pública, nas diversas Administracións, en Galicia cabe supoñer que arredor dos cen mil xa que preto de noventa mil son os que traballan na Xunta de Galicia.

Os funcionarios gozan de absoluta querencia por parte da Facenda que controla de xeito directo as súas percepcións e as súas retencións, e tamén están situados no punto de mira de todo o público pola súa relación directa con eles, e da Administración que unhas veces os considera servidores modélicos e outra chivos expiatorios das políticas máis restrictivas.

Na política de recortes que seguen todas as administracións, os funcionarios son obxecto de atención directa, e –polo que a Galicia se refire- os funcionarios dependentes da Xunta teñen sufrido nas súas carnes económicas recortes que agora xa saben se van prolongar un ano máis como mínimo.

Esquecidas quedan as ventaxas anteriores en canto a días libres por asuntos propios e incremento destes por antigüidade, e outras melloras relacionadas coas baixas e incapacidades temporais, agardábase que en 2014 comezase unha certa recuperación en canto a percibir cantidades suprimidas en anteriores exercizos nas pagas extraordinarias e na conxelación de haberes.

Xa está claro... No 2014, que está aí mesmo, á volta da esquina, todo vai seguir igual. Nada se vai recuperar, porque se vai manter a conxelación dos salarios e as restricción das pagas extraordinarias. A vida segue igual.

Os funcionarios sofren en silencio esta situación. O público considera que están abondo pagados e que a súa gran vantaxe é a seguridade do emprego. Esto último é verdade, xa que foi gañado –en boa parte deles- nunha oposición aberta, pero o de ben pagados habería que razonalo en moitos casos.

O malo é que esta dureza cos funcionarios non se aplica por igual noutras materias susceptibles de aforro. Esto é o máis doado, e o menos problemático.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES