Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Demasiado Mas

lunes, 28 de octubre de 2013
Xa está ben de Mas, Presidente dunha comunidade autónoma, que ten protagonismo nos medios de comunicación porque se quere ir pero sen decidirse a ir, que nos desprecia a todos, pero segue vencellado a nós porque lle interesa, que parece ser o “primum interpares” entre todos os seus iguais. E non é así. Aínda que non o parece, é un de tantos.

Se nos remontamos ao 23F de 1981, a Súa Maxestade El Rei chamou a Jordi Pujol para sosegalo: “Tranquilo, Jordi, tranquilo”. Ao noso presidente daquela, Xerardo Fernández Albor, non o tranquilizou porque xa sabía que el era un home tranquilo, e tranquila a comunidade que presidía.

Pois agora o Presidente dos cataláns é noticia porque saúda ao Presidente do Goberno de xeito cordial, dalle plantón á Vicepresidenta, e non escoita unha conferencia do Presidente.

O resto dos presidentes, que se comportan educadamente, civilizadamente, políticamente, non son noticia. Demasiado Mas para un tempo e un país, que empeza a cansarse de tanto desplante e de tan difícil (mala?) compañía.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES